“Aquí Galicia” achégase a Negreira para asistir ao gran desfile de carrozas e comparsas que animará as rúas da vila durante a tarde do sábado. Os reporteiros do programa están a pé de rúa para pulsar o ambiente festivo ao que se suman as actuacións das orquestras Suavecito e El Combo Dominicano. O programa aproveita a visita para amosarnos os recursos patrimoniais do concello, moi vencellados ao legado dos indianos, coma as casas caribeñas, a escola dos americanos de Covas ou o monumento ao emigrante, así como os pazos de Cotón, Baladrón e de Albariña; e os espazos naturais máis fermosos do municipio, coma o miradoiro do Pico do Cotro, San Xoán de Carballoso, A Ponte Maceira e a ribeira do río Tambre, ademais de acompañar aos peregrinos nun treito do camiño que pasa polo municipio. En Negreira está situada a empresa leiteira Feiraco, a maior cooperativa de gandeiros de Galicia, e o gran motor económico do concello polo que os reporteiros do programa tamén entran na planta para ver co