O espazo “Aquí Galicia” inaugura o Nadal cun programa en directo desde Ourense a tarde do 24 de decembro. Podemos ver as actividades das que se pode gozar na cidade nestas datas, coma visitar a Papá Noel, coñecer os postos da carpa da alameda e patinar na pista de xeo. A iluminación, os adornos, as árbores e os beléns ourensáns forman parte da ambientación de Nadal do programa. Ademais, aproveitando a viaxe a Ourense, coñecemos os atractivos turísticos da cidade, entre os que sobresaen as termas da Chavasqueira, de Outariz e das Burgas, patrimonio civil e relixioso, os espazos naturais - coma o parque de San Lázaro, o xardín do Posío e o Botánico- e as construcións que máis caracterizan á cidade, as pontes sobre o río Miño. A sección gastronómica céntrase en pratos tradicionais da Noiteboa ourensá e galega, coma o bacallau con coliflor, o galo de curral e os doces desta época. Poñen a música a mítica orquestra ourensá Tony Pérez y los Arquinos e a artista de Ordes Tania Veiras. Tamén