O equipo do “Aquí Galicia” trasládase ao campo da feira do Castro de Ferreira en Pantón, concello lucense situado en plena Ribeira Sacra e delimitado por tres grandes ríos -o Miño, o Sil e o Cabe-, para gozar da fermosura da súa contorna e da súa destacada gastronomía. Da man de Lucía Rodríguez, Bernardo Montaña e Juan Fuentes, coñecemos as adegas máis importantes da zona, onde se procesan os viños de gran calidade, que esta fin de semana se resaltan na 25 edición da Mostra de viños da Ribeira Sacra e, con motivo tamén da celebración da terceira edición da Festa da Empanada, o espazo coñecerá distintas maneiras de preparar este manxar tan galego. A Ribeira Sacra e, en concreto, o concello de Pantón, destaca amais por dispoñer dunha ruta románica de grande importancia. Para dar boa conta disto, percorremos os seus santuarios principais, como o mosteiro cisterciense do Divino Salvador, onde elaboran galletas golosas, coquiños, amendoados, rosca e torta de améndoas; e as igrexas de san Mi