“Aquí Galicia” desprázase a Monforte de Lemos, que celebra a primeira edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra, unha ocasión para gozar do viño da zona ao longo de tres días en que non faltará a gastronomía, a artesanía e a música. No programa coñecemos como se traballa en grandes adegas que exportan a todo o mundo e tamén como son as adegas familiares ou dun só propietario, que producen un número moi limitado de botellas. O programa lévanos a facer turismo polos numerosos edificios históricos e monumentos da cidade, polas paraxes naturais e miradoiros da contorna  entra no Museo do Ferrocarril, testemuña de tempos gloriosos para Monforte de Lemos. No apartado gastronómico, o programa proponnos unhas maridaxes especiais entre o viño e os produtos da zona e tamén unha mostra de todo o que se pode degustar na provincia de Lugo.  “Aquí Galicia” tamén se ocupa da moda e amósanos as últimas tendencias de roupa de verán e trae como convidado o monfortino Adriano López, Míster Mundial