Mondoñedo celebra durante estes días As San Lucas, as súas festas máis importantes do ano. A feira, unha das máis antigas do mundo, alcanza a súa 861ª edición, combinando unha vez máis tradición, cultura, festa e diversión, todo isto co cabalo como protagonista principal. Os gandeiros xuntan as bestas que estiveron todo o ano pacendo en liberdade no monte e tráenas á feira. “Aquí Galicia” amósanos como se vive o día grande das San Lucas, desde o ambiente na gran feira tradicional de gando cabalar ata a sesión vermú, pasando polo xantar tradicional con polbo e carne ao caldeiro, o Festival Ecuestre, coa presenza de compañías hípicas vidas desde diversos puntos de España, e os pasacalles e desfiles por toda a vila, a cargo dos grupos de gaitas e charangas. O programa aproveita esta visita para descubrir os maiores tesouros turísticos e arquitectónicos de Mondoñedo, unha das capitais históricas de Galicia, onde destaca a súa catedral, as prazas, as Covas do Rei Cintolo ou a casa de Álv