Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña están na Festa do Melindre en Melide. Podemos ver como se elaboran estes doces e outras variedades da repostería tradicional da comarca como os ricos e os amendoados e coñecer unha vila que é punto de confluencia do Camiño Primitivo e o Francés a Compostela. As cámaras seguen as pegadas dos peregrinos por estas rutas e amosan naturais do concello e da comarca. Ademais, contan como marcha a organización da gala solidaria de El Combo Dominicano a favor de Cáritas, que se celebra o vindeiro venres. Os novos talentos da música de Melide tamén están en “Aquí Galicia”, que visita o Conservatorio local e as salas de ensaios de grupos da comarca, e que ofrece o seu escenario a promesas da canción como Irene, Xoán e Patricia, e a parella de baile moderno formada por Marta e Atenea. Tamén actúan a orquestra Fania Blanco Show e o grupo de música e canto tradicional Os Melidaos. Dando uns alto xeneracional, o programa conta cunha representación das