“Aquí Galicia” celebra a Santa Icía, patroa dos músicos, e para iso achégase a Meaño, no corazón do Salnés. O equipo de reporteiros visita algunhas adegas da zona para coñecer o proceso de elaboración do viño de D.O. Rías Baixas e tamén os furanchos, unha mesturas de adega, bar, restaurante e sala de festas que ten moita relación coa cultura do viño. O percorrido prosegue por promontorios e miradoiros da zona coma o da Barreira, o de San Cibrán ou o de San Bieito. O programa amosa a homenaxe que lle renden a Santa Icía as cinco corais de Meaño.  A sección gastronómica está composta por un menú realizado a base de albariño: con vieira, peituga de pato e torta de queixo. Ademais, xente anónima fai marmelada de uva treixadura na súa casa e cultiva millo para facer a masa para empanada. No apartado musical participan a Banda Unión Musical de Meaño, o grupo de baile tradicional A.C. Penaguda, a Asociación Cultural Amigos do Acordeón Rías Baixas e os Danzantes de Cobas coa súa Danza de Arc