A Costa da Morte foi sempre berce de mariñeiros aguerridos e, para falar con eles, o programa irá á lonxa onde traballan todos os días. “Aquí Galicia” tamén amosará outros atractivos turísticos da Costa da Morte coma o porto de Corme, Camariñas, as praias de mar aberto cos seus paseos marítimos e tamén a artesanía de Buño, onde se celebra unha feira de olería. Tamén apreciarán as incribles paisaxes costeiras, as Illas Sisargas, o santuario de Santo Hadrián ou a ruta dos faros pola Costa da Morte.