Coincidindo coa Festa do Cocido, “Aquí Galicia” achégase ata Lalín, lugar de nacemento de persoeiros como  o aviador Joaquín Loriga, o científico Ramón María Aller Ulloa ou o matemático José Rodríguez González.  O programa visita algúns dos lugares turísticos e espazos naturais da vila, como o Museo Etnográfico da Casa do Patrón e presencia a Primeira Mostra da Camelia de Lalín. Tamén amosa como se prepara unha comparsa para participar no gran desfile do Entroido e mergúllase na comarca do Deza, unha das grandes produtoras de mel de Galicia. O protagonista do apartado gastronómico, como non podería ser doutro xeito, é  o cocido tradicional, e, de sobremesa, doces de Entroido. O equipo do programa asiste a unha demostración gastronómica organizada con motivo da Feira do Cocido. Poñen a música a orquestra Miramar, o grupo canario Arena, as cantareiras do grupo O Carballo da Manteiga, o grupo tradicional Os trasnos de Doade e o grupo de baile Punteirolo. Do baile moderno encárgase a Ac