“Aquí Galicia” pasa a tarde en Pontevedra, cuxas rúas se enchen de cor e ledicia co Gran Desfile de Entroido. O programa acompaña o percorrido por toda a cidade, desde a rúa José Malvar ata a Peregrina ou a praza de España, onde remata este grande evento festivo. Ademais lévanos a Marín, para coñecer os preparativos das comparsas, e á parroquia de Campañó, onde recuperaron a tradicional “Corrida da Rosca”, unha carreira en que os choqueiros loitan por conseguir unha rosca elaborada a base de trigo, ovos e chourizo.  O programa tamén nos conta a historia do Loro Ravachol, protagonista do Entroido de Pontevedra, e lévanos a dar un paseo polo casco histórico da cidade, onde encontramos a capela da Peregrina, a basílica de Santa María a Maior ou as prazas da Ferrería, a Verdura, e A Leña. O paseo segue polo miradoiro de Monteporreiro, os salóns do Lérez e a illa das Esculturas. Todo isto acompañado da música da orquestra Saudade, que está a presentar a súa nova formación para esta tempor