Friol prepárase para a Feira  do Queixo e do Pan de Ousá do domingo cunha festa de ambientación castrexa e romana, o Friulio. Trátase dunha novidade no programa da popular feira gastronómica, que enxalza os dous produtos de máis sona deste concello lucense. Ao longo do programa, coñecemos máis a fondo os seus procesos de elaboración da man dos reporteiros e reporteiras. Friol e a comarca contan ademais cun importante patrimonio cultural que se mostra tamén durante “Aquí Galicia”. A Mámoa de Cotá, a Torre de Miraz, as igrexas de Seixón e Guimarei, o Pazo-Fortaleza, na entrada da vila, ou a fortaleza de San Paio de Narla, que alberga unha das sedes da rede museística provincial, son algúns dos lugares de visita obrigada. Tamén encontramos a serra da Cova da Serpe coa cavidade natural que dá nome ao lugar, e na que a lenda conta que morreu vítima do amor e da mordedura dun réptil un vasalo do señor de San Paio. Aquí Galicia está amenizada coa música da Orquestra Marbella, o grupo Claxxo