Haberá mercado, obradoiros, xogos, malabares, teatro, música e, por suposto, unha recreación do ataque normando á praia de Tupide e mais un funeral normando.  O programa da canle pública achegarase aos tempos dos ataques viquingos cun desfile de moda da época e a través da gastronomía, degustando unha torta normanda, que acompañará de tortilla de polbo e tapas con produtos ecolóxicos.  Para coñecer mellor Foz, o espazo da Televisión de Galicia emitirá unha reportaxe sobre a capital turística da comarca da Mariña. Visitantes, veciños, hoteleiros, hostaleiros, e persoal de bares e restaurantes amosarán como cambia a vida na contorna coa chegada do verán.