“O “Aquí Galicia” achégase ata a vila de Forcarei, na comarca de Terra de Montes, para celebrar a XXIII Festa da Richada. Os reporteiros do programa visitan a fábrica do Petirro, que data dos anos 20, para lembrar o oficio de canteiros. Ademais, soben a serra do Candán, e pasean polas brañas de Xestoso, a lagoa Sacra e o amiño Vreeiro. No concello de Forcarei pasan pol primeiro observatorio astronómico público de Galicia e polo mosteiro de Aciveiro e outros monumentos da zona. O equipo do “Aquí Galicia” tamén está no Circuíto da Velocidade e na exposición de torneiros que se celebra estes días na vila.  No apartado gastronómico, a protagonista é a carne richada e a galiña ao sal ou trufada, unha especialidade típica de Forcarei. A música tradicional vén da man da Banda de gaitas do Concello de Forcarei e o grupo de baile tradicional Xirandola, da parroquia de Bandeira, en Silleda. Ademais, tamén actúan a orquestra La Ola ADN, o grupo de bailes deportivos e de salón Sondodance e a ca