“Aquí Galicia” trasládase á Coruña, que vive o día grande das Festas do Rosario, patroa da cidade.  O equipo do programa lévanos a percorrer o paseo marítimo, a praia e a contorna de Riazor, o pazo municipal e os Cantóns, ademais de amosarnos outros lugares representativos da cidade vella, como a igrexa de Santiago, a colexiata de Santa María, a praza de Azcárraga e a igrexa de San Domingos. Visitamos as zonas verdes, con parada no Monte de San Pedro, os Xardíns de San Carlos e outros parques destacados da Coruña; os museos municipais, como o Muncyt, a Casa das Ciencias e a Casa do Home; e as casas-museo de Picasso, Rosalía de Castro e Manuel Murguía, María Pita ou Emilia Pardo Bazán. Pero se algo non podía faltar no programa é unha visita á Torre de Hércules, o faro en funcionamento máis antigo do mundo, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. No apartado gastronómico, “Aquí Galicia” conta coa presenza dos gañadores do Concurso de Tapas Picadillo, que se celebra en homenax