O “Aquí Galicia” desprázase ata o concello de Ourense, máis concretamente ata o barrio da Ponte, con motivo da celebración das Festas de Santiago e de Santa Ana. O set do programa está situado a carón da ponte romana, no centro neurálxico das celebracións, que contan cunha feira gastronómica, centrada nos pratos andaluces e cubanos.Ademais de coñecer o barrio, o programa sobe no tren termal, que vai desde as Burgas ata a Chavasqueira, e percorre as prazas e zonas verdas da capital ourensá, así como as súas xoias arquitectónicas. Tamén hai un desfile de modelos, que amosa as principais tendencias en materia de traxes de baño para este verán; e música, coa artista local Lucía Aral, que acaba participar no “Recantos” do “Luar”, e a  Real Banda de Gaitas da Deputación, xunto coa danza contemporánea da man da Academia Estilo Libre.