O “Aquí Galicia” viaxa a Corcubión, que celebra a súa festa patronal en honra a San Marcos. O festexo serve como escusa para que o equipo do programa coñeza a súa paisaxe e as súas riquezas artísticas e culinarias.  O espazo que presentan Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña amósanos as estrelas da súa cociña: o polbo, con seis preparacións diferentes; a empanada de mazá, coñecida como coca; o pan de ovo e a torta de améndoa.  “Aquí Galicia” percorre o paseo marítimo, a praza Castelao, as casas burguesas e as igrexas da zona, así como o cabo Cee, o castelo do Cardeal, o campo de san Roque e o miradoiro de Ramón Pais. Despois de facer un repaso polas festas máis destacadas da vila, os mariñeiros e mariñeiras falan da estreita relación de Corcubión co mar. “Aquí Galicia” comparte, amais, unha xornada cos rapaces dos colexios da zona que participan no programa ‘O mar na escola’.As actuacións musicais veñen da man da orquestra Trébol, da Banda de Música de Cee, do cantante mura