Con gran tradición gandeira, neste festexo destaca a súa tradicional baixada dos cabalos.  Por iso, o espazo que presentan Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña amosará como foi a apertura desta celebración, marcada polo son das badaladas das campás da catedral e polos xantares populares, e asistirá a un dos momentos máis emblemáticos das San Lucas, cando os cabalos baixan do monte e pasan por diante da catedral camiño do campo da feira. Mondoñedo foi unha das sete capitais de Galicia e paseando polas súas rúas aínda se percibe a pegada dun pasado destacado, que amosará o programa.