Sarria é unha vila festeira onde as haxa e “Aquí Galicia” dá conta disto asistindo á Festa do Porco Celta. Os reporteiros do programa proban este exquisito produto e tamén gozan dunha sopa de allo tradicional da parroquia de Goián.  Ademais, o espazo da TVG fai un repaso das celebracións da zona, coma o San Xoán ou o San Isidro, e percorre  lugares emblemáticos como o Malecón a carón do río, a casa Vaamonde, a igrexa de Santa Mariña ou a de San Salvador e a fortaleza de Sarria. A vila é un punto neurálxico dentro do Camiño de Santiago, con lugares como a ponte de Áspera, a igrexa de Calvor ou a de Barbadeño.  O equipo do programa tamén fala cos deportistas do Club de Baloncesto Sarria, do club de fútbol A Sarriana S.D. e do grupo de ciclismo DGH, que fai o descenso urbano.Todos estes contidos están amenizados coas actuacións da orquestra Pontevedra, do cantante Vizcaíno, da nova promesa da canción Edgar Bao, dos gaiteiros da parroquía de Goián e dos grupos de música e baile tradicional