Lucía Rodríguez, Juan Fuentes, Bernardo Montaña e todo o equipo do “Aquí Galicia” desprázanse ata Noia, no marco das súa Festa de San Bartolomeu. O  set do espazo está situado en pleno centro da vila, na praza da Constitución.   Durante o programa actúa o intérprete de ritmos latinos Henry Méndez, a orquestra Furia Joven, a agrupación folclórica Os Salgueiriños e Ruth Cundíns, subcampioa do Recantos de “Luar”.“Aquí Galicia” visita “A Quintana dos Mortos”, un espectacular espazo funerario da igrexa de Santa María a Nova, considerado Monumento Histórico-Artístico Nacional desde o ano 1973. O programa percorre algúns dos recunchos con máis sona de Noia, entre os que destacan o miradoiro de san Lois, a ponte colgante do río Tambre, ou os muíños de Pedrachán. Ademais, vemos vídeos dos lugares turísticos preferidos polos visitantes, como o dolmen da Cova da Moura ou a fervenza de Argalo. No programa tamén se amosan as mellores praias da zona, como a de Boa Grande,  Testal ou Taramancos.