O equipo do “Aquí Galicia” trasládase á provincia de Ourense para coñecer o concello de Muíños nun día en que as súas xentes están inmersas na celebración das súas festas grandes, a Festa da Sopa do Burro Canso e Galo Pica no Chan e o Muíños Dance.  Muíños é todo un referente en natureza e conservación. Visitamos o Complexo Turístico O Corgo, que conta con praias fluviais, embarcadoiros, albergues, piscinas e bungalós, e o Parque Natural do Xurés. E coñecemos o Club Deportivo Muíños de Fútbol e o Club Fontefría de Piragüismo.  O percorrido lévanos ao patrimonio histórico e artístico de Muíños, os seus dolmens, a igrexa Clamadoira, a Aparecida e o santuario dos Milagres de Couso.  No apartado gastronómico, os protagonistas da festa, a sopa do burro canso, o Galo Pica no chan e o becerro do Xurés ao espeto, pasan a un primeiro plano, para achegar distintas receitas e as claves das súas elaboracións. Tamén se goza da bica de Muíños e do xeado de sopas de burro canso para os máis larpeiros