“Aquí Galicia” sitúase no peirao de Portonovo para sumarse á celebración da 23 edición da Festa da Raia e dos Produtos do Mar, unha asentada cita gastronómica e todo un símbolo co que se recupera a tradición dos mariñeiros da vila de cociñar este saboroso peixe cando están a pescar.  Lucía Rodríguez, Bernardo Montaña e Juan Fuentes aproveitan o festexo para degustar a raia de diversos xeitos, desde en caldeirada, á prancha e en empanada ata en salpicón, en croquetas ou en pastel.   O concello de Sanxenxo, onde está localizado Portonovo, é unha das capitais turísticas galegas. Por iso, o programa fala da variada oferta de establecementos dos que poden gozar os visitantes. Tamén se amosan as destacadas instalacións das que dispoñen nos seus portos deportivos para a práctica dos deportes náuticos.   Na contorna do concello, encontramos a capela da nosa señora da Lanzada, o pazo de Bermúdez Damaza e de Quintas, santo Estevo de Noalla, así como espazos naturais, como o Complexo Intermareal