O equipo de “Aquí Galicia” achégase a Oleiros para compartir a celebración da cuarta edición da Festa da Centola de Lorbé, organizada pola Confraría de Pescadores. Aproveitando a celebración, o programa amósanos os lugares turísticos da contorna, coma o castelo de Santa Cruz, o museo dos Oleiros, a casa Rialeda ou o centro A Fábrica e percorre a costa de Dexo-Serantes, con paradas no faro de Mera, na punta do Seixo Branco e nas Furnas, entre outros emprazamentos.  Oleiros ten varios premios en canto á sustentabilidade e á calidade dos seus xardíns e zonas verdes, por iso, o espazo que presentan Lucía Rodríguez, Bernardo Montaña e Juan Fuentes lévanos aos oito parques máis destacables. Tamén coñecemos algunhas das súas praias, como a de Santa Cristina, Mera, Bastiagueiro, Espiñeira, Naval e as Margaridas. Entre as variadas actuacións musicais, “Aquí Galicia” conta con Dani Royo, que presenta o seu primeiro disco; coa orquestra Xacobeo, coas pandeireteiras da asociación cultural O Ama