Ferrol prepárase para celebrar a Noite das Pepitas. Aquí Galicia instala a súa carpa no Cantón de Molíns, por onde pasa p xornalista e  músico  Xosé Luis Blanco Campaña. As cámaras seguen o desfile que as diferentes rondallas da comarca realizan polas rúas da cidade. Dúas delas, a Rondalla Sonidos del Alba e a Rondalla Club del Campo, forman parte de elenco de actuacións do programa en que tamén participan o  Real Coro Toxos e Froles, a Orquestra Nueva York e o cantante venezolano, radicado en Narón, Ildemaro. Ademais, os integrantes da Rondalla Bohemios profundan na orixe desta formacións musicais e na tradición da Noite das Pepitas. O programa lévanos a outros puntos e ambientes da cidade coma o barrio da Madalena, o Arsenal, o Obelisco de Churrusca ou o barrio de Canido, ornamentado polos murais urbanos inspirados nas Meninas de Eduardo Hermida.  Podemos percorrer a ría de Ferrol na súa famosa lancha para recalar nos castelos da Palma e San Felipe, e na veciña vila de Mugardos, p