“Aquí Galicia” asiste en directo á XXVII Feira do Viño de Vilachá, que cada primeiro fin de semana de maio se celebra na Pobra do Brollón, na provincia de Lugo. Esta feira distínguese doutros festexos da Ribeira Sacra polo seu excepcional escenario, un conxunto monumental de adegas centenarias que constitúe unha das máis importantes mostras de arquitectura vitícola de Galicia. Para coñecer máis sobre a Pobra do Brollón e a súa contorna, “Aquí Galicia” visita o castro de San Lourenzo, a casa labrega de Retil e a cova das Choias. Estando en plena Ribeira Sacra, non podía faltar unha ollada á beleza da comarca desde os miradoiros dos Catro Cabaleiros, de San Vitoiro ou da Capela; ademais de espazos naturais coma a sobreira de Satioroxo, a devesa do Loureiro, a área recreativa de San Vitoiro ou os sequeiros e cabanas do Mazo. Tamén coñecemos as orixes e a tradición dun dos entroidos máis máxicos de toda Galicia, o de Salcedo, onde o oso é o gran protagonista; e a puxanza deportiva da comar