“Aquí Galicia” desprázase a San Miguel de Sarandón para degustar o viño da Ulla e ser partícipe da festa tradicional á que cada ano acoden milleiros de persoas. Amais de coñecer as adegas máis representativas o programa aproveita para percorrer o concello de Vedra, onde atopamos o miradoiro do Gundián, o cruceiro de Vedra, o pazo de Ribadulla ou o río Ulla e Muíños. A vista inclúe algúns dos mellores exemplares de camelias que lle outorgan a este concello a consideración de “Horta e Xardín de Compostela”. Cómpre salientar tamén o valor que ten a pesca de río en Vedra; por iso, os reporteiros do programa acompañan uns pescadores na busca do salmón e da troita.  No apartado gastronómico, “Aquí Galicia” fala dos festexos da zona, entre os que destaca a festa da Orella, a do Porco á Brasa e a do Carneiro ao Espeto, e cos participantes no concurso gastronómico “Vedra de Tapas”, que achegarán os petiscos máis recoñecidos.  E, como en toda festa que se prece, no programa tampouco pode falta