Ademais da súa habitual sesión de sobremesa, o programa “Aquí Galicia” ofrecerá hoxe unha edición especial, arredor das 22.15 h., dedicada a unha das noites máis especiais do ano: a véspera do Corpus Christi, en que toda Galicia se bota á rúa para elaborar as famosas alfombras de flores. Presentado por Lucía Rodríguez, o programa vai reflectir en directo desde Ponteareas e con conexións con Redondela, Ares e Viveiro, como son eses momentos previos á grande eclosión de cor do Corpus.