Aquí Galicia celebra o Día de Reis en Ribeira, na comarca do Barbanza, onde atopamos o dolmen de Axeitos, o castro da Cidá e o porto fenicio de Aguiño. O programa percorre a súa paisaxe, a través das dunas e o faro de Corrubedo, o miradoiro da Pedra da Ra ou o paseo do Litoral. Nestas datas, os percebeiros de Aguiño e as mariscadoras de Palmeira teñen un intenso traballo e  “Aquí Galicia” entra na lonxa de Ribeira, a terceira de Galicia e unha das máis importantes de España e mesmo de toda Europa. Vemos como é o día a día neste recinto que acolle unha actividade frenética, sobre todo, nas súas subastas.  No apartado musical, actúan a orquestra New York, o grupo de canto e música tradicional Aires do Barbanza, a solista Mar Davila, o grupo de baile latino El Tomasón, as pandeireteiras da asociación Bailadela e o grupo de baile tradicional da asociación folclórica Chorimas de Porto do Son.  Nesta xornada festiva non pode faltar unha degustación do tradicional roscón de Reis, así como