O “Aquí Galicia” despide o ano desde a praza de María Pita na cidade da Coruña para celebrar a Noitevella. O programa faille unha homenaxe á cidade mostrando os seus atractivos turísticos e lugares emblemáticos. As cámaras visitan a zona vella, as praias urbanas, o acuario e a Casa das ciencias, o castelo de Santo Antón e a Torre de Hércules. Ademais, fan un percorrido polos espazos naturais da Coruña, coma o monte de San Pedro - Bens, os xardíns de Méndez Núñez ou o campo da Leña, e polos cemiterios de San Amaro, o Inglés e o Mouro. No apartado gastronómico, o restaurante Árbore da Veira, establecemento premiado cunha estrela Michelín, ofrece suxestións para a cea de Noitevella e para elaborar sobremesas creativas nestas datas. Coma sempre, no “Aquí Galicia” tamén hai un espazo reservado para a música, que coa orquestra Cinema, o cantante Javi Mota, os grupos de baile tradicional Xacarandina e Son D’Aquí, de Montealto, e a Tuna de Veteranos da Coruña.