Achegámonos ata a Festa da Pataca de Coristanco, que xa vai pola súa XXXVI edición e que atrae cada ano centos de veciños e visitantes, que poderán gozar das actividades programadas durante toda a fin de semana. Para entrar en materia, os espectadores coñecerán a importancia da pataca que identifica Coristanco e toda a comarca de Bergantiños. Ademais, aproveitando a viaxe á vila,o equipo visitará a costa e o interior da comarca. Así, verá a Torre de Nogueira, Pontedona, a única braña rubia da comarca e as marabillas do lugar. Ademais, achegarase ata o Refuxio de Verdes en Coristanco e ata a parroquia próxima de Ponteceso. Na sección gastronómica, o protagonista será, como non pode ser doutro xeito, o tubérculo bergantiñán. En primeiro lugar, coñeceranse as distintas variedades de patacas coma Monalisa, Red Pontiac, Baraka ou Caesar, e, despois, degustaranse patacas bravas e patacas con carne asada. Os grupos de baile tradicional Inllar de Ponteceso e Churía de Zas danzarán xunto aos