Os reporteiros de “Aquí Galicia” asisten á festa medieval do Día de Colón en Combarro, no concello de Poio, onde poden gozar dun menú do día que ofrecen os establecementos hostaleiros da zona e estarán na Festa Gastronómica de Raxó. O programa percorre varios lugares turísticos como son os portos pesqueiros do concello, o mosteiro de San Xoán, a casa museo de Cristovo Colón, a illa de Tambo, o miradoiro de Samieira, a fervenza do Pereiro ou as rutas dos muíños e os petróglifos. Sobre o escenario actúan a Escola de Acordeóns de Campelo, o grupo de baile tradicional Os Berberechiños de Combarro, a cantante Marietta, que é veciña de Poio, o grupo de canto e baile tradicional Trompos ós pés, de Marín, e o cantante Raúl, que interpreta os seus novos éxitos do verán acompañado por Miguel e por Mario Mendes.