Achegámonos ata a vila de Caión, na Laracha, onde se celebran as festas en homenaxe á Nosa Señora dos Milagres. Aproveitando a visita ao lugar, descubriremos as marabillas da localidade e da súa contorna. A Costa da Morte é un dos lugares máis turísticos de Galicia, debido á beleza da súa paisaxe, das súas praias e seus dos cantís. O equipo de Aquí Galicia falará nesta zona con turistas, visitantes, veciños e hostaleiros para coñecer os mellores lugares para visitar e as súas opinións sobre estes. Ademais, descubrirá canta xente se achega á festa dos Milagres de Caión, cales son eses milagres, cantos exvotos e candeas se venden e, por suposto, que se come no lugar. Os protagonistas do apartado gastronómico serán a fabada e o polbo. O equipo degustará polbo con algas e cazola de polbo, ameixas e lagostinos. Ademais, os asistentes tamén poderán gozar dun desfile de toucados e de dúas exhibicións de bailes de salón, con bachata e jive, a cargo de dúas parellas, Martín e Eva e mais Pabl