“Aquí Galicia” chega ao concello lucense de Burela, que durante estes días celebra as festas do Carme en honor á súa patroa, con verbenas e a tradicional procesión marítima. Coñecemos todos os detalles dos preparativos: como se limpa o santo e a igrexa, como se poñen as flores ou como se tinta o sal. Para coñecer máis sobre a vila de Burela, o seu concello e a súa comarca, o programa visita as súas prazas, rúas, casonas e o barco museo e percorre a súa espectacular contorna natural, parando nos miradoiros e nas praias.  No apartado gastronómico do programa, o protagonista é o bonito, o produto máis emblemático da zona, que durante a festa se pode degustar de distintas formas: cocido, á grella ou en empanada. O espazo presentado por Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña tamén conta cun exemplo da gastronomía peruana, xa que, aínda que a comunidade foránea máis famosa de Burela é Cabo Verde, tamén conta cunha importante representación do país andino. Nunha xornada festiva