“Aquí Galicia” está no barrio da Ponte, na cidade de Ourense, con motivo das festas de Santiago Apóstolo. O barrio recibe o nome da ponte romana que formaba antigamente parte da Vía da Prata que conducía a Compostela. O programa lévanos por outras zonas turísticas de Ourense, como as termas, e aos seus espazos naturais, ademais de presentarnos os mellores locais para ir de viños e degustar de bos pinchos e petiscos. Os presentadores conversan con Paco Gómez, gañador do concurso de Polbeiros Fórum Gastronómico da Coruña, e gozan dunha proposta exquisita da man da Feira de Food Trucks, con hamburguesas exóticas de vacún. Todo aderezado coas actuacións da Orquestra Palladium, a Real Banda de Gaitas Xuvenil da Deputación de Ourense e Fran Sotelo, ex-concursante do concurso “Recantos” de Luar. Non falta o baile da man dos campións de España de Salsa Cuban Style, os ourensáns Joel Cruz e Ada María Rúa; a academia de baile moderno Estilo libre;  a danza do ventre da academia Enka e o baile