“Aquí Galicia” vive desde a praia de Valdoviño, en Ferrol, a 22 Baixada de Carrilanas a San Mamede. Proba puntuable para a Copa de España de Carrilanas. O programa percorre o camiño a Santo Andrés de Teixido, que pasa polo concello de Valdoviño, e bota unha ollada á espectacular costa da vila ferrolá, que ten o miradoiro de Punta Frouxeira ou a ermida do Porto como puntos máis destacados. Tamén visita algúns dos recunchos con máis sona, entre os que destacan o encoro das Forcadas ou a lagoa de Pantín, e as praias máis destacadas da contorna, entre as que se atopan a praia de Vilarrube ou a praia da Frouxeira.Valdoviño é un paraíso para os amantes do surf e o programa fai un percorrido polo “Pantín Classic” e polo Océano surf museo, o único museo dedicado ao surf en toda España. Amenizan a xornada a orquestra canaria Armonía Show e as Cantareiras, o grupo de baile moderno da Asociación Veciños de Lago e o dúo MDS, unha das parellas de baile acrobático e de estilos urbanos máis important