Lugo convértese na Lucus Augusti da época romana para celebrar unha nova edición da multitudinaria ‘Arde Lucus’. A TVG quererá que os espectadores se mergullen no pasado histórico e cultural da cidade e coñezan todo o que da de si esta festa, declarada de Interese Turítico Nacional, que toma cada pequeno recuncho da capital lucense transformándoa por completo. Presentado por Lucía Rodríguez, que estará acompañada polas reporteiras Natalia Penas e Fátima Rodríguez, a Galega ofrecerá, en directo, esta noite “Arde Lucus MMXVIII”, un especial en que se poderán ver como en Lugo estes días non cabe nin unha agulla e como todo o mundo participa do espírito desta festa e vai ataviada para a ocasión. Percorrendo as súas rúas verase un dos espectáculos que máis público congrega, o ofrecido polos gladiadores. Asistirase a unha desas espectaculares montaxes en que se pon a proba a bravura e forza destes homes. Presenciarase tamén un ataque galaico a unha patrulla romana ou, o que é o mesmo, unha b