O equipo de “Aquí Galicia” desprázase a Arbo, onde celebran a Festa da Lamprea. O programa amosa a funcionalidade das pesqueiras levantadas en torno ao río Miño para capturar esta especie que, nesta etapa do ano, remonta o río para desovar. Ademais, repasa os máis de cincuenta anos de historia da Festa e desvela como se cociña a lamprea ao estilo Arbo e como se elabora a lamprea seca. Tamén están sobre a mesa un prato de zamborca ou sábalo, cada vez máis difícil de atopar nos ríos galegos, e mais leite frito e outras variedades doces que elaboran nunha pastelería galega rexentada por portugueses. A convivencia entre veciños dun e outro lado do Miño é outra das singularidades deste concello fronteirizo con Portugal que se reflicte no programa, en conversas con familias integradas por portugueses e galegos.  Ademais, as cámaras da Televisión de Galicia recollen as paisaxes das ribeiras os Deva e Miño, que fan desta zona un lugar idóneo para deportes de aventura, e dalgunhas das edificac