“Aquí Galicia” asiste ao V Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebra en Agolada. O programa fala con distintos artesáns e cos cociñeiros Héctor López e Xoán Crujeiras, que forman parte da iniciativa “Artesanía no Prato” e que lamosan como se pode combinar a calidade dos produtos galegos con novas presentacións e maridaxes. Coñecemos os atractivos turísticos do concello, os seus espazos naturais e os seus pendellos e parque, onde se celebra o encontro de artesanía. Os pendellos de Agolada, edificados no século XVIII e declarados conxunto histórico-artístico no 1985, son construcións de pedra que tradicionalmente empregaban os feirantes para resgardarse, gardar a cabalería e o gando e facer as súas vendas.  A música vén da formación canaria The Boys Machine, Pili Pampín e a recanteira luguesa do “Luar” Lorena Guerra, que chega a Agolada logo de ser eliminada ás portas da semifinal do concurso.  Hai tamén música tradicional, coa Banda de Música Agolada, qu