O equipo de “Aquí Galicia” acode á Feira de Santos de Gontán, no municipio de Abadín, unha das máis importantes da comarca da Terra Chá e de toda Galicia. O espazo, que presentan Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña, realiza un percorrido pola súa historia e as repercusións que ten este día na zona. Para coñecer máis Abadín, “Aquí Galicia” visita lugares destacados como a igrexa parroquial de santa María de Abadín e de Santiago de Baroncelle, e percorre as serras de Cadramón e do Xistral, reservas naturais protexidas, que reúnen unhas condicións inmellorables para o sendeirismo e para o turismo verde, en xeral. Por este concello pasa unha variante do Camiño de Santiago, coñecida como Camiño do Norte. O programa interésase por este traxecto e diríxese ao albergue de peregrinos que hai en Gontán. A práctica de deportes de aventura tamén é unha das propostas recomendables que alberga Abadín. Neste municipio hai espazos para realizar  escalada, trekking, barranquismo, espeleo