“Aquí Galicia” visita A Estrada, que celebra a Festa do Salmón cun amplo programa de actividades en marcha desde hai unha semana. As cámaras da Televisión de Galicia acompañan un pescador durante unha xornada no río Ulla para capturar algún exemplar do apreciado peixe e amósannos algúns dos petiscos que ofrecen os establecementos da vila na Ruta das Tapas de Salmón. O programa lévanos ata unha das xoias arquitectónicas do municipio, o Pazo de Oca, declarado Ben de Interese Cultural e coñecido tamén pola beleza das máis de oito hectáreas dos seus xardíns, e tamén os encantos naturais da contorna desde puntos coma os miradoiros do Monte Fental e de San Miguel de Castro. Tamén se achega aos espazos e clubs deportivos do concello, que é unha potencia en modalidades coma o fútbol gaélico, a loita gaélica, o bádminton ou a natación sincronizada; e aos preparativos das próximas citas festivas no concello, a Festa da Sidra e a Rapa das Bestas. Polo escenario pasan a orquestra Alaska, a Banda