“Aquí Galicia” emítese en directo desde A Coruña, horas antes da gala de entrega dos  Premios Mestre Mateo. Coa presenza de académicos e organizadores, faise un breve percorrido polos acontecementos máis relevantes da gran festa do audiovisual galego.Ademais, bótase un ollo aos últimos ensaios dunha celebración moi musical e con gran protagonismo feminino. Bernardo Montaña cóase no Palacio da Ópera para descubrir estes últimos preparativos da XVI edición dos Mestre Mateo. Dos nervios da xornada dan testemuño os actores Luísa Merelas, Alberto Rolán, Iván Marcos e Sonia Castelo, a primeira candidata ao Mestre Mateo á mellor actriz de reparto e, os demais, candidatos na categoría de mellor interpretación protagonista. Tamén está en “Aquí Galicia” Jorge Saavedra, candidato a mellor director pola serie “Serramoura”. O espazo da TVG mergúllase na rodaxe desta ficción, realizada na cidade da Coruña, e fala con parte do equipo artístico e técnico para que expliquen como recibiron as cinco can