“Aquí Galicia” desprázase ao interior pontevedrés, ata a vila da Cañiza, que celebra as X Xornadas Gastronómicas do Lacón con Petelo, tamén coñecido como “bolo do caldo”. E tratándose da Cañiza, non poder faltar o bo e afamado xamón, que ben cura naquelas alturas. De feito, o programa ofrece reportaxes sobre un novo secadoiro de xamón, así como do traballo cotián nunha explotación de porco celta. Tamén nos amosan outras tradicións da vila, ademais de rutas de sendeirismo, paisaxes e castros da contorna. O programa complétase con música e baile; co grupo da Asociación Cultural As Furafollas, de Oroso, co grupo tradicional de danza e gaitas de Santa Cristina de Valeixe e co participante no concurso “Recantos” de “Luar” Santy Castro, representante do norte de Portugal. Na Cañiza presenta a xira do verán 2018 a orquestra Arena, que ven directamente das Illas Canarias. E a escola de baile “Muévete” interpreta dúas elaboradas pezas de hip-hop e de ritmos caribeños.