Se alguén nos preguntara cantos instrumentos pode haber na música tradicional galega seguramente non saberíamos dicir máis de quince ou vinte. Unha parte moi pequena dos máis de 150 que Pablo Carpintero describe con todo detalle no seu libro “Os instrumentos musicais na tradición galega”.