Close

Alalá

Os protagonistas do programa Alalá son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Alalá mestura interpretacións musicais con fragmentos documentais sobre a vida cotiá dos protagonistas, o seu xeito de pensar, sentir e percibir a música tradicional e o mundo. A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En Alalá non so...

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Reportajes
Tema: Música
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/alala

Episodios disponibles para ver online

Especial: Foliada en Carboeiro - 25/12/2017 22:00
O espazo estará na Foliada do Mosteiro de Carboeiro, en que participarán seis dos grupos máis potentes e divertidos da música galega actual: As Tanxugueiras, Pandeireteiras Sen Fronteiras, Cantigas e Agarimos, Novo Aires da Terra, Os Melidaos e Os D’abaixo. Actualmente, as novas xeracións están a recuperar o gusto por esta música festiva, alegre, feita para bailar e divertirse; cambiaron moitas cousas, pero a música galega séguese bailando e gozando. Os grupos que estarán nesta Foliada en Carboeiro teñen en común que tocan para que a xente o pase ben e baile, para alegrar a vida. 
Especial 10º aniversario - 06/02/2016 22:30
Neste especial intervirán algúns dos músicos que foron protagonistas do programa, que se estreou ...
Programa especial: "O rei da festa" - 04/09/2015 22:05
Imos empaparnos da diversidade musical galega á carballeira de San Lourenzo
Especial Foliada en Bergantiños - 14/08/2015 22:05
Temos unha cita na Foliada de Cerqueda, que organiza a Asociación Cultural Raigañas de Malpica e que leva 35 anos traballando a prol da cultura tradicional na comarca de Bergantiños
Especial desde Allariz - 07/08/2015 22:05
Nesta entrega especial de Alalá queremos repasar a situación da tradición musical galega
Especial Entroido en Galicia - 14/02/2015 22:05
Asistimos á Mascarada Ibérica, en Vilariño de Conso e Viana do Bolo, na que se xuntan folións ou fulións de Viana, Vilariño, Manzaneda, Chantada, O Bolo, Maceda, Portugal, León, Asturias...
Especial 'Serán en Barcia de Mera' - 22/08/2014 22:30
Neste programa especial temos como protagonistas os seráns, esas xuntazas musicais que se facían ao rematar a xornada de traballo
José Fernández - 01/09/2013 22:05
A protagonista deste Alalá volve a ser a trompa, e desta vez desfrutarémola da man de José Fernández
Agrupación Folclórica Ximiela de Louro - 25/08/2013 22:05
Achegámonos a Muros para coñecer máis de cerca a Agrupación Folclórica Ximiela de Louro
Pandereteiras de Muíño, Zas - 18/08/2013 22:05
Na parroquia de Muíño, en Zas, hai moita afección ao baile e á pandeireta
Os Perucos - 11/08/2013 22:05
No Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro nace un grupo chamado Os Perucos, que coñeceremos nesta nova entrega de Alalá
A Regionalista - 26/05/2012 22:05
Coñecemos un grupo de mozos que, preocupados pola nosa historia e a nosa música, formaron a asociación
Cantos de cego na Feira de Doncos - 19/05/2012 22:05
As mellores series galegas (Matalobos, Pratos combinados, ...) e toda a produción propia de Galicia
Os Verderoles - 12/05/2012 22:05
Con máis de setenta e oitenta anos, estes catro músicos quixeron xuntarse para recuperar o nome dos míticos Verderoles
Che da Luaña - 05/05/2012 22:05
Labrego, gandeiro, músico e artesán de instrumentos. Neste Alalá coñecemos ao polifacético Che da Luaña.
Xosé Casal - 28/04/2012 22:05
Xosé Casal é un artista en toda a acepción da palabra. E complicado saber no que destaca porque é polifacético. O que si podemos dicir é que a musica tradicional e as artes en xeral formaron parte da súa vida.
Zurrumalla - 21/04/2012 22:05
Un grupo de amigos que se deron en chamar Zurrumalla, xuntáronse no ano 2000, porque se coñecían, porque conxeniaban, porque os seus gustos musicais estaban preto e o mais importante, porque todos son uns músicos fóra de serie, de talento e cunha longuísima carreira detrás. Así, pouco a pouco, crearon un pequeno universo arredor da música da terra e o que mais lle gusta no mundo é armala e ben gorda a pode ser!
O Coea - 14/04/2012 22:05
Justo naceu no lugar de Coea, parroquia de Castañoso (Navia de Suarna), pegado ó río Navia, nun tramo en que marca o límite entre Lugo e Asturias: Navia de Suarna e A Fonsagrada por unha parte e Ibias por outra. Naceu no ano 37 e ós 14 anos aprox. comezou tocando gaita, unha gaita que lle mercaron en Lugo. Tres anos despois comezou co alcordeón, cun instrumento que lle tocou nunha rifa
Pirilampo - 07/04/2012 22:05
Pirilampo é música galega para nenos. Esta foi a idea que tivo Xosé Lois Seixo que, aproveitando os anos de experiencia como mestre e inspirandose co nacemento da súa neta Antía, decidíu iniciar un bonito proxecto musical
O Rabel en Porto de Sanabria - 30/03/2012 22:05
Dende tempos moi remotos os transumantes de Porto, que percorrían as canadas dende Porto a Extremadura, tiñan a habilidade e o costume de tocar un instrumento arcáico de corda moi chamativo: o rabel. Con el realizaban moitas melodías, unhas veces coma un acompañamento para cantar eles mesmos (romances, etc.) e outras para bailar
Gaiteiros do Bico da Balouta - 24/03/2012 22:05
Estamos na Agolada cuns gaiteiros
Xavier Blanco - 17/03/2012 22:05
Imos ata Moaña coñecer a Xavier Blanco, un músico, investigador e mestre referente no presente da música tradicional galega
A Festa do Ramo - 10/03/2012 22:05
Viaxamos ata Ordes para coñecer máis de cerca a tradicional Festa do Ramo
Vaamonde, Lamas e Romero Trío - 03/03/2012 22:05
Os protagonistas deste Alalá son: Suso Vaamonde, Xosé Lois Romero e Pedro Lamas; tres músicos impresionantes, tres almas predestinadas a facer da música un xeito de vivir e, sobre todo, de gozar. Cada un por separado, en parella ou co trío, teñen unha traxectoria musical que impresiona: forman parte de distintos grupos, publican obras, dirixen espectáculos, compoñen, dedícanse ó ensino... Os tres basean o seu traballo na formación, no talento e na esponteneidade. A música é algo así como unha terapia de lib
Flor da Maquia - 25/02/2012 22:05
Florentino Ruibal, coñecido en toda a comarca de Ordes como Flor da Maquía, di que o día máis feliz da súa vida foi aquel no que seus pais lle mercaron a primeira gaita. Con 83 anos, segue tocándoa coa mesma ilusión de entón e con toda a mestría de quen andivo poñendo a música a tódalas festas da contorna desde os catorce anos

Otros programas de reportajes >


Otros programas de TVG (Galicia) >