Neste emocionante formato de gastro-homenaxes, Adrián Díaz lidera un equipo de cociñeiros e amigos que, en cada programa, se achegan a un punto da nosa xeografía para argallar unha importante e sentida homenaxe a alguén que o mereza (moito). Neste programa, as elixidas para a nosa homenaxe son Susana e Saínza, dúas irmás moi vencelladas á nosa música – como delata o seu ilustre apelido-, que cada noitiña daqueles días de confinamento, deron un pequeno concerto aos seus veciños da Parroquia de Pravio, en Cambre (A Coruña). Os vídeos das irmás non tardaron en facerse “virais”, igual que outros tantos exemplos dos que se deron en chamar “artistas de balcón”, pero neste caso, son os seus veciños de Pravio, así como os seus familiares e amigos, os que queren argallar esta homenaxe, por ser exemplo para toda a comunidade cando foi mais preciso, agasallando música e sorrisos aos que tiñan mais cerca. Nesta homenaxe, os cociñetos contarán con moitos cómplices para que todo saia á perfección, e