Neste emocionante formato de gastro-homenaxes, Adrián Díaz lidera un equipo de cociñeiros e amigos que, en cada programa, se achegan a un punto da nosa xeografía para argallar unha importante e sentida homenaxe a alguén que o mereza (moito). Neste programa, o elixido para a nosa homenaxe será José Manuel, un médico rural dos de toda a vida, querido e respectado polos seus veciños logo de case 40 anos de servizo a comunidade. O vínculo deste médico ca súa vila é tal, que ven de fundar en Maceda un museo único en Europa, no que pon en valor a profesión do médico rural, que ía a cabalo polas corredoiras moito antes de que houbese pistas, coches ou teléfonos! Nesta homenaxe, os cociñetos contarán con moitos cómplices para que todo saia á perfección, e así , serán familia, amigos e veciños os que van axudar a que esta sorpresa sexa posible. Pola súa parte, os cociñetos poñerán a súa arte nos fogóns ao servizo do espectáculo facendo as delicias dos presentes cunha carne ao caldeiro propia da