Neste emocionante formato de gastro-homenaxes, Adrián Díaz lidera un equipo de cociñeiros e amigos que, en cada programa, se achegan a un punto da nosa xeografía para argallar unha importante e sentida homenaxe a alguén que o mereza (moito). Neste programa, o elixido é José Manuel López Amoedo, un home que logo de mais de 35 anos en servizo activo, é un exemplo para todos os que o acompañan na vida. Amoedo, co seu bo ánimo, humor, entrega e oficio é querido e valorado dun xeito especial, non só no traballo, senón tamén na casa, pola familia, os amigos, os compañeiros das clases de baile... Para facer posible esta homenaxe serán moitos os que nos botarán unha man (ou varias)! E mentres coñecemos un pouco mellor ao noso protagonista, o noso equipo de cociñetos poñerá a andar perolas e brasas, para lle dar xeito a unha comida no Lago Castiñeiras que todos tardarán moito tempo en esquecer! Nesta homenaxe haberá sardiñada, guiso de picantóns e tamén lambetadas... E por suposto non faltará m