No programa de hoxe, a elixida para nosa homenaxe será Elisa Arias, incombustible fundadora dunha das orquestras de saxofón mais importantes de España. Son moitos -familia, amigos e alumnos-, os que van axudar a que esta sorpresa sexa posible, porque todos eles teñen moito que agradecer a unha muller que foi quen de deixar unha importante pegada en todos os que a coñecen.
Para que esta homenaxe teña o mellor final, Adrián convocará a Benigno Campos e Lola Gestido, cociñeiros queridos por todos e grandes coñecedores da zona. Asemade, chamará a Xulio Lorenzo, gaiteiro e amigo de todos. Entre eles, e coa axuda da familia e amigos de Elisa, farán posible unha súper sorpresa chea de emoción (e moitas bágoas), boa comida e música de saxo, que non falte.