Hoxe en “A Casa da Conexa” o mundo da moda chega a Ardebullo e ás vidas das súas protagonistas, Mucha e Nucha. Con moito humor, as irmás máis famosas da Televisión de Galicia achegaranlles aos espectadores as últimas tendencias da moda acabadas de chegar das pasarelas a Ardebullo, non sen antes de desvelar algúns segredos de beleza e moda dalgúns dos seus veciños. Ademais, hoxe elixirán a Miss Ardebullo e o grupo Heredeiros da Crus presentará o seu novo traballo discográfico nesta particular vila.
Como a cousa vai de moda e de modelos, ninguén mellor que Mucha e Nucha para que sexan as protagonistas. Iso si, non estarán soas nesta fazaña e terán como axudante a Toño “O alemán” (Luís Zahera) e como rival á “Carriza”'. A primeira ocorrencia é facer un calendario sexy para vender e así conseguir cartos para as festas e a outra idea é presentar a súa sobriña ao certame de Miss Ardebullo. Ao final, os resultados non son sempre os esperados.
Nesta edición, os espectadores da TVG tamén pode