Hoxe, en Ardebullo falarase da morte e do máis aló. Os veciños da vila máis famosa da TVG tamén teñen as súas anécdotas co outro mundo e Mucha e Nucha non queren desaproveitar a oportunidade de contalas. Ademais, o padre Gaspar (David Amor) terá que visitar a casa das “fillas da Conexa” para ser testemuña dun caso de aparicións.  Por outro lado, esta noite visitará o programa Ernesto Chao. O actor, coñecido pola audiencia galega pola súa participación en exitosas series da TVG, falará dos seus novos proxectos cos peculiares cociñeiros Xosé Ramón e Moncho, que levarán os seu fogóns e as súas receitas ata a cociña de Mucha e Nucha. Ademais, Ernesto Chao converterase tamén nun famoso presentador de concursos culturais, onde terá que lidar cuns peculiares concursantes.  Para completar o programa de hoxe, Mucha e Nucha continuarán achegando as súas seccións habituais, como “Culturízate”, en que farán unha particular viaxe por un dos movementos artísticos máis importantes do século XX: o c