A cultura e o espectáculo estarán, se cabe, aínda máis presentes en “A Casa da Conexa”. O programa de humor, entretemento e música, cuxa segunda temporada comezou a semana pasada na Televisión de Galicia, ofrecerá hoxe unha velada chea de espectáculo nas súas máis diversas manifestacións artísticas.  Esta edición contará ademais coa presenza do alcalde de Ardebullo, Toñito, que é como o coñecen os veciños, que virá acompañado doutro ilustre persoeiro dedicado á comunicación e que todas as semanas presenta na TVG todo un espectáculo musical: Xosé R. Gayoso. O coñecido presentador exercerá de mestre de cerimonias nun acto cultural moi importante para a vila. Ardebullo está hoxe de celebración e inauguración. A vila máis famosa da Galega contará a partir desta noite cunha escultura que simbolizará “O home de Ardebullo”. E, aínda que en Ardebullo preparan por todo o alto as celebracións, sempre hai algo que as estraga como ocorrerá neste caso.  Por outro lado, Paco (Josito Porto), o sobriñ